Congo’s Bloody Coltan



O coltán é un material xurdido da mestura de dous manerais, a columbita e a tantalita. O coltán é fundamental para o desenvolvemento da telefonía móbil, a fabricación de ordenadores, os mísiles chamados intelixentes, e ata para os implantes de órganos. Os milagres deste débense ás súas características: é un mineral capaz de soportar temperaturas moi elevadas; almacena carga aléctrica temporal e libéraa cando é necesario e é altamente resistente á corrosión.

O 80% das reservas están na rexión de Kivu e Itari, ao leste da  República Democrática do Congo. Esta é unha das zonas máis violentas do mundo. A loita de cinco grupos armados apoiados por países veciños como Ruanda, Uganda e Burundi polo control do coltán, provocaron o desprazamento dunhas 250.000 persoas o pasado mes de outubro. En total hai polo menos -segundo a Amnistía Internacional- 1,2 millóns de persoas de persoas desprazadas ao norte de Kivu.

Cifras importantes:

* Cinco millóns de persoas mortas dende 1998.

* No ano 2009, rexistráronse a redor de 30.000 nen@s recrutados polas diferentes forzas armadas. Estimouse tamén que había entre 3.000 e 7.000 nenos soldado e que podría estar aumnetando ( datos segundo a Amnistía Internacional).

Nota: Hai que ter en conta que todos estos datos foron rexistrados no ano 2009.

Esta entrada foi publicada en concienciación, Nuevos materiales, videos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta