Crean un ADN sintético capaz de evoluciona

Un equipo de científicos, procedentes da Universidade de Cambridge e a Universidade de Columbia sintetizou nun laboratorio seis polímeros que tamén complen coas leis da herdanza e, un deles, coa evolución darwiniana. Este descubrimento pode resultar de gran axuda na investigación para a biotecnoloxía e a medicina, xa que ata agora as únicas moléculas capaces de conter e transferir información biolóxica eran o ADN e o ARN

O AXN é capaz de replicar a información que contén, xa que pode unirse de forma complementaria ao ADN e ao ARN e tamén pode sintetizarse a partir destas cadeas. E máis, unha das novas moléculas de AXN, chamada AHN, comportase como o ADN cando se encontra en condicións cambiantes e pode evolucionar ata outras formas que se enlazan máis especificamente con un obxectivo en particular.

A nova substancia está composta por nucleótidos nos que o azucre desoxirribosa foi substituído por seis tipos de azucres distintos, dando lugar a seis moléculas de AXN distintas.

Quizáis este descubrimento tamén poida axudar a estudar a fondo os oríxenes da vida, que quizáis non comenzou co ADN como o coñecemos hoxe. A máis disto, o AXN podría ser evolucionado polos científicos para descobrir múltiples funcións que poderían haber sido importantes para a vida primitiva, explorar as posibilidades de vida noutros planetas, ou incluso crear novas formas de vida.

Esta entrada foi publicada en Revolución genética e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta