Dopaxe Xenético

A loita contra o dopaxe ten, dende fai un par de anos, un novo inimigo: o dopaxe xenético. Esta é a técnica de dopaxe máis perigosa e nociva para o deportista, xa que as súas consecuencias son, en moitos casos, descoñecidas. Tamén é moito máis dificil de detectar nos controles.

O dopaxe xenético consiste no uso non terapéutico da terapia xénica para mellorar o rendemento atlético. Isto conséguese mediante a introducción dun xen artificial a través dun vector no corpo do atleta, que modifica a expresión xénica. Estes xenes, manipulados previamente no laboratorio, producen un crecemento exponencial das capacidades físicas do deportista.

As sustancias máis usadas son as seguintes:

A miosina: É unha proteína muscular que actúa na contracción muscular. O aumento de esta sustancia permite unha importante potenciación muscular, o que facilita a mellora de certas fibras. Pola súa natureza, este tipo de dopaxe estaría claramente relacionado cos deportistas que necesitan de explosividade muscular, como poidera ser o caso dos velocistas.

O Repoxigen: Consiste nun vector viral que multiplica a fabricación de EPO. O EPO é unha hormona que induce á súa vez a formación de glóbulos vermellos.

O IGF-1, ou factor de crecemento: Produce un incremento muscular exponencial, que ronda o 30 por cento do tamaño orixinal do músculo.  Foi probado en ratas, e observouse que o desgaste muscular deste animal ao longo dos anos era mínimo, así como o tempo de recuperación dos seus problemas físicos


Esta entrada foi publicada en Revolución genética, salud y enfermedad, videos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta