“O misterio dos xemelgos”


Os xemelgos idénticos son un milagre da natureza, dúas persoas con idénticos xenes. Pero significa isto que están destinados a levar as mesmas vidas, formando un tándem perpetuo? Ou teñen liberdade para crecer por separado e formarse polo mundo que os rodea? Varios estudos sobre xemelgos poderían demostrar que os nosos xenes trazan as nosas vidas ata un grao que nunca contemplaramos, determinando non só a nosa forma e o noso tamaño, senón tamén o noso estado psicolóxico. Debido a que os xemelgos idénticos teñen os mesmos xenes, os científicos poden comparar os seus corpos, os seus cerebros e as historias que subxacen detrás da súa educación e as súas experiencias, para descubrir que é o que nós eliximos nas nosas vidas, e que é o que elixen os nosos xenes. A orientación sexual tamén parece vir determinada polos xenes. Probablemente, arredor dun dez por cento dos irmáns de homes gay son tamén homosexuais, fronte á media básica do dous ou tres por cento na poboación xeral. Os fortes vínculos familiares relacionados coa orientación sexual suxiren que existe un compoñente xenético. As lesbianas e os homosexuais con frecuencia decátanse nos seus primeiros anos de vida, antes da puberdade, de que senten dunha forma diferente ao resto das persoas. Parece que os xemelgos permanecen vinculados o un ao outro para sempre, inextricablemente unidos na vida e na morte. E o que os xemelgos nos axudaron a descubrir segue sendo, por extensión, certo para o resto de nós. Non soamente herdamos dos nosos xenes os trazos máis importantes da nosa personalidade, senón que eses mesmos xenes seguen traballando ao longo das nosas vidas, ditando os nosos momentos de felicidade e desdita, de amor e perda, de enfermidade, e mesmo de morte.

Esta entrada foi publicada en Revolución genética, Sen categorizar e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta